FORMACIÓN GRATUITA para as persoas empadronadas nos concellos integrantes do XEODESTINO TURÍSTICO FERROLTERRA – RÍAS ALTAS (mínimo 1 ano de padrón).
Para responder a unha necesidade de persoas con formación oficial deportiva regulada que hai neste territorio, apostando polo surf como maneira de promover o turismo, chegouse a un acordo de colaboración da Deputación da Coruña e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol para o desenvolvemento da marca Costa das Ondas:
Ofértase con carácter gratuito o Curso de Formación “Entrenador Nacional en Surfing Nivel I” organizado pola Federación Galega de Surf en outubro e novembro de 2020 no Concello de Valdoviño cun máximo de 12 prazas en riguroso orden de inscripción.
Requisitos necesarios para poder realizar gratuitamente o curso:
- Inscribirse (prazo: luns 5 ás 8am ata o xoves 8 de outubro ata as 12am) mediante o formulario: https://forms.gle/2BM7LZZ2TqMdEH4v7
- Aboar o importe de 50€ no seguinte número de conta bancaria ABANCA nº ES08 2080 0567 0430 4000 3179. Este ingreso servirá para formalizar a matrícula e como pagamento da proba de acceso ao curso (10 de outubro na Praia de Pantín – segundo condicións), e será reembolsado en caso de pasar a proba e poder acceder ao curso para 12 persoas empadronadas no Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas.
- Entregar o día da proba de acceso (e xunto cos outros documentos especificados na convocatoria) o CERTIFICADO DO PADRÓN nun dos seguintes concellos: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior. Neste certificado deberá constar un período de empadronamento mínimo dun ano e ser vixente na actualidade.
- Ser maior de 16 anos e posuír, polo menos, o título de Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
As persoas que queran acceder á formación gratuita deberán ter en conta que os requisitos son imprescindibles, xa que de non cumprilos non se poderá realizar gratuitamente o curso.